Presentación de “Crossing borders” no Cañada

O luns recibiremos no Cañada a unha delegación do IES Campo de San Alberto de Noia que presentarán o documental “Cruzando a fronteira”.  Este documental narra as experiencias que o alumnado de educación de adultos do centro, os seus familiares ou coñecidos tiveron na súa etapa como emigrantes. Visítannos cinco destes alumnos da educación adulta e mais os seus profesores Jesús Montero e Mariela Dosil, que tras a proxección do documental manterán un coloquio co alumnado de galego.

Este documental foi feito polo alumnado adulto do instituto no marco dun proxecto Erasmus + no que tamén colaboraron catro institucións de Croacia, Eslovenia, Grecia e Portugal. Este proxecto, “Faros e Estacións, Viaxe a Ítaca“, gañou o Primeiro Premio Miguel Hernández do 2017, que pretende dar a coñecer boas practicas que enriquezan e animen a profesionais, estudantes e institucións relacionadas coa educación. Velaquí a entrega do premio e velaquí a reportaxe da TVG.

 

 

Deixa un comentario

*