En Londres fálase de: A represión franquista en Galicia

Mañá, xoves 25 de novembro, ás 18:00, o profesor da USC Antonio Míguez impartirá un seminario no  Centro Cañada Blanch de Estudios Hispánicos Contemporáneos da London School of Economics co título de Genocide and Represion in Galicia. O devandito seminario é de entrada libre e terá lugar en Cowdray House (Room J116), no Campus da LSE en Holborn.
E tamén o xoves oito de decembro o mesmo profesor estará no IE Cañada Blanch onde impartirá a conferencia “Historias da represión franquista en Galicia”.

Deixa un comentario

*