Encontro coa pianista Marta López en Londres, en galego

Mañá despedimos practicamente ao alumnado de 2ºBach despois de case dous anos marabillosos. E coñecendo as súas inquedanzas musicais, a modo de agasallo de despedida teremos a oportunidade de escoitar a unha pianista de excepción, a compostelá Marta López. Formada inicialmente no Conservatorio Superior de A Coruña, leva un tempo instalada nesta cidade onde completou os seus estudos na prestixiosa Guildhall School. Daquela, un gran remate para dous anos inesquecibles ensinando Galicia en Londres a estas mozas e mozos.

 E un fragmento da intervención magnífica de hoxe:

Deixa un comentario

*