Retranca galega, con Carlos Blanco e O Bichero

Onte tivemos a honra de recibir nas aulas de galego do IE Cañada Blanch a dous pedazo de artistas: o monologuista Carlos Blanco e o humorista gráfico Luis Davila ‘O Bichero’. A emoción foi grande ao longo da semana esperando polo día. Nunha aula ateigada, O Bichero foi ilustrando co seu trazo os asuntos que Carlos Blanco debuxaba coa súa verba. A idiosincrasia das ‘bravas’ galegas, enfundadas no seu mandil, representadas pola Dora do Bichero, o churrasco, o Celta de Vigo, a sonoridade do inglés, as frases míticas das avoas, o machismo… foron varios dos temas a través dos cales os alumnos se achegaron a unha das manifestacións do carácter e do estilo comunicativo dos galegos: a retranca.

luis davila-ola amigos do cañada blanch

luis davila-viaxe a galicia

carlos blanco

Tedes o álbum completo deste encontro aquí.

Grazas aos dous por vir 🙂

 

 

Deixa un comentario

*