Encontro con Gonzalo Cotelo, en galego, en Londres

Mañá na aula de galego de 3ESO en Londres contaremos coa presenza de Gonzalo Cotelo, un londoner de A Coruña que traballa nesta cidade como realizador audiovisual. Malia a súa xuventude, conta xa con moita experiencia en diferentes formatos narrativos (publicidade, ficción, vídeo musical ou corporativo) así como en edición de vídeo e posprodución. Parte da súa obra podemos vela na súa conta de Vimeo.  Daquela imos pasar unha tarde estupenda con outro dos moitos creadores audiovisuais de Galicia que traballan na capital do Támesis.
E a primeira microentrevista de Adriana e Claudia:

Deixa un comentario

*