Encontro con… Seve de Xantoque. A igualdade

Na área de galego do IE Cañada Blanch retomamos hoxe o programa Fala Londres. Londoners galegos de diversa condición, moitos deles inmensamente cualificados, pasarán polas aulas de galego desta escola para divulgar os seus saberes e conversar cos nosos alumnos.
Hoxe inauguramos o programa do curso 2015-2015 coa presenza nas aulas de 3º ESO de Severino Figueiras Lestón, máis coñecido como Seve de Xantoque, instalado en Londres desde hai case dous anos, mais procedente de Esteiro, que nos falou do seu traballo como enfermeiro de hemodiálese no Royal Free Hospital e, sobre todo, de Igualdade, ese concepto tan manido pero aínda tan arelado por moitos. O noso alumnado reflexionou e debateu con el sobre cuestións relacionadas coa igualdade de dereitos das persoas de diferentes etnias, sexos, orientacións sexuais, capacidade económica.
Velaquí a entrevista que lle fixeron os alumnos de galego.

Deixa un comentario

*