Fala Londres entrevista a Manuel Gago

Algúns alumnos de galego do IE Cañada Blanch estiveron a ler os relatos de Vento e chuvia, esa recreación dunha mitoloxía galega de orixe castrexa que xurdiu da pluma de Manuel Gago. Alentados pola curiosidade, contactaron co autor para saberen máis sobre a cultura castrexa e as nosas orixes, e mais para indagaren no proceso de creación da obra.

Manuel Gago é un home que non para, polo que levaría varios días explicar todo o que fai. Baste sinalar que é xornalista e profesor da Universidade de Santiago, e que está moi interesado no patrimonio cultural de Galicia, especialmente no eido arqueolóxico.

Malia ao atarefado que está, atopou tempo para nós, e como resultado temos esta entrevista audiovisual de Natalia, Cristina, Juan, Olivia, Marinueva, Paloma e Brian.

Como bonus track, mandámoslle última pregunta de parte de todos: Para cando unha segunda parte de “Vento e chuvia”?

 

1 comentario en “Fala Londres entrevista a Manuel Gago”

Deixa un comentario

*