Entrevístanos o alumnado do IES Manuel Murguía de Arteixo

O alumnado do IES Manuel Murguía entrou recentemente en contacto connosco para propoñernos unha entrevista audiovisual. Como produto velaquí o vídeo con preguntas dalgúns mozos de Arteixo que responden Brian, Marinueva, Paloma, Natalia e Juanes.

Esta entrevista enmárcase nun proxecto que desenvolve Fala de raio -o Equipo de Dinamización Lingüística do instituto- por segundo ano consecutivo, que consiste nunha serie de contactos e entrevistas a alumnado de galego nos Centros de Estudos Galegos do exterior: OxfordBangorHeidelberg, O Algarve, Varsovia, Leipzig, Zadar, Padova,  Neste caso a todos estes estudantes universitarios súmase a entrevista ao alumnado de galego de Secundaria no IE Cañada Blanch de Londres.

Velaquí o enlace á entrada do seu blog.

 

Deixa un comentario

*