‘Esgrafiado Galego. Un museo ao aire libre’

Mar López Sotelo presenta este xoves 18 de abril, no IE Cañada Blanch de Londres, o seu segundo libro “Esgrafiado Galego. Un museo ao aire libre”, froito de moitos anos de investigación, e que nos mostra a técnica que dotou dun valor artístico único milleiros de fachadas de edificacións a partir da simple mestura de cal, auga e area para conseguir esta arte tan peculiar.

O alumnado poderá descubrir un patrimonio único desde unha perspectiva innovadora, contribuíndo a valorar esta arte.

Deixa un comentario

*