Estefanía Fernández, xornalista en Londres: en galego + entrevista

Mañá a aula 26 acollerá a presenza da xornalista luguesa Estefanía Fernández. Traballa para a empresa americana Tribune Media Services na venda de dereitos de reproduccion (syndication) de contidos editoriais, principalmente texto, pero tamen fotos, pasatempos, comics, etc. Dende Londres xestionan este tipo de vendas para Europa e Israel. Saberemos, por exemplo, por que The Times paga por un artigo de Manolo Rivas publicado en El País ou como poxan os xornais polos dereitos de reprodución dos artigos que lles interesan.
De seguido, a entrevista que lle fixemos e a recomendación literaria desta profesional. Non a perdades:

 

6 comentarios en “Estefanía Fernández, xornalista en Londres: en galego + entrevista”

  1. Parabéns para todos os que facedes este blog! Como a nosa profesora de galego sabe que no noso instituto somos amantes da cultura Inglesa e todos soñamos con poder ir algún día ata Londres, contounos que nun instituto de alí crearan un blog completamente en galego. Así que aquí estou, lendo as marabillas que publicades aquí. Quería animarvos a que sigades así e a que visitedes o blog que fixemos nós na nosa clase de galego: "www.tirarrollas.blogspot.com" Eu tiven a magnífica experiencia de ir a York o ano pasado e quero dicirvos que vivides nun gran e bonito país. I expect you to come to our blog and leave some comments in there, I hope you'll enjoy it! We could share our experiences and learn more things about our languages.
    Saúdos desde o instituto República Oriental do Uruguai de Vigo e seguide así! 😉

    Responder
  2. Eu tamen son compañeiro de instituto de Raul e quero dicir que sodes moi bos galegofalantes e que me sinto moi louvado o saber que tamen no noso oceano hai outras persoas que falan tan ben o galego.I'm glad to know about you, and what you do for our language.

    Responder
  3. Ola, é moi interesante o que facedes no blog! gústame a idea de que haxa xente aprendendo o noso idioma en Londres.Hai moita xente guapa por aí??? pois aproveito para saudarvos. I invite you to come here and meet us, we could become friends. Here I leave my email: Noelia_125_125@hotmail.com

    Responder
  4. Ola! Faime moita ilusión saber que por alí tamen falades galego, e con moi bó acento. Case mellor que o noso. LOL. Queriamos facer un saúdo colectivo dende Galicia e persoalmente dicirvos que o voso blog é moi interesante. Maybe we could share some experiences or something. I've been to England last year and it was awesome 🙂

    Responder
  5. Amina (Pâmela Nathasha R. Linhares)

    Concordo co meu compañeiro Raúl, esta iniciativa é unha magnífica idea pois brinda unha oportunidade moi boa a aquelas persoas que queiran coñecer máis sobre a súa cultura, pero que se encontren fóra do seu país. Dende aquí anímovos a seguir facendo este traballo e mandovos un cordial saúdo a todos e todas.

    Responder

Deixa un comentario

*