Participamos no Proxecto europeo Letras Galegas 2016

Este ano a Área de Galego do IE Cañada Blanch colabora no Proxecto das Letras Galegas 2016 que impulsa o IES San Clemente de Santiago. Trátase dun proxecto colaborativo a nivel europeo que utiliza a plataforma eTwinning para dar a coñecer a lingua galega e os seus escritores. Vai xa pola súa sexta edición e, como é lóxico, este ano dedícase a Manuel María.

O proxecto realízase a través de varias tarefas que se desenvolverán aos poucos, e nós participaremos nelas con toda a nosa ilusión, a carón dos nosos socios: o IES San Clemente, o IES Pontepedriña, o IES Praia de Barraña, o IES Maximino Romero de Lema, o IES Muralla Romana, o IES Rey Don García, a Escola Secundária Carlos Amarante, o Gimnazjum nr 3 w Lublinie, o Liceo Statale “Calasanzio”, o Liceo Statale “Giuliano Della Rovere”, e o Lycée professionnel Jean d’Arcet. Trátase de institutos galegos, españois, portugueses, italianos, franceses e polacos.
Antes de abordar as tarefas comúns cos nosos socios, os alumnos do IE Cañada Blanch queremos saber ademais algo sobre os lugares de orixe dos nosos compañeiros. Por iso estamos a investigar para resolver estas preguntas:

Deixa un comentario

*