Como sabedes, participamos no Proxecto das Letras Galegas 2016 a través da plataforma eTwinning que impulsa o IES San Clemente de Santiago. Unha vez completada a primeira tarefa de achegamento aos nosos socios, unha das actividades que nos propuxeron foi contribuír á elaboración dun padlet colaborativo no que se visen as instalacións da nosa escola e no que, á parte, fixésemos unha pequena descrición deses espazos. O obxectivo é que os demais fósemos ligando as imaxes cos textos relativos ás outras escolas. Velaquí un cachiño do padlet resultante.
