Eva Moreda: escribindo o Londres galego.

O próximo xoves 16 de decembro ás 12 do mediodía  estará connosco Eva Moreda, escritora galega afincada en Londres, onde exerce de docente na Open University. Autora de varias obras como O demo e o profundo mar azul, O país das bestas, Singularis Domitilla ou Veas verdes e catro contos máis, nesta ocasión presentaranos A veiga é como un tempo distinto, obra merecente do IX Certame de Creación Literaria Terra de Melide e de próxima publicación en Xerais. Nesta obra “abórdase o tema da emigración galega en Europa, concretamente en Londres, durante a década de 1960 dende un punto de vista das mulleres emigrantes e da súa toma de conciencia”. É ben acaído, daquela, o título que escolleu para a charla co alumnado “Escribindo o Londres galego”.

E por fin chegou o día e tivemos a Eva connosco. Estivo espléndida e o alumnado, coma sempre, fíxolle unha morea de preguntas. Ao final, a xornalista Lara (Camelle) e o cámara Marcos (Camariñas) fixéronlle esta entrevista que se viu truncada por problemas técnicos. De todas maneiras isto é o que quedou:

Deixa un comentario

*