O vindeiro 21 de novembro teremos a oportunidade de ver e falar da obra deste valor da arte galega. F. Vladimir Strate Pezdirc naceu en Bos Aires se ben os seus avós don de orixe alemá e eslovena, respectivamente. Con 6 anos chega a Oleiros, a súa vila galega de acollida. E este mesmo ano acaba de ser agasallado co VII Premio Auditorio de Galicia por unha obra inspirada nunha visita á Tate Britain de Londres, cidade na que vive e na que continúa formándose. Daquela boa oportunidade para coñecer un pouco máis de preto a este artista.
E agora a microentrevista de Vanessa no momento da saída:
Esta páxina usa cookies para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando sen aceptar a configuración consideramos que estás conforme co seu uso.AceptarMáis