Fotografando o convento: guiados por Marta Moreiras

O IE Cañada Blanch de Portobello ten tamén a súa propia historia que un día habería que contar. Antes de ser un centro de ensino foi un convento de monxas e aínda mantén a súa estrutura. Mañá o alumnado de galego de 3ESO terá unha dobre oportunidade: por unha banda, coñecer a obra da fotógrafa compostelá instalada en Londres, Marta Moreiras; pola outra, facer con ela un recorrido fotográfico polo mesmo centro. A ver se logo vos podemos amosar a través das fotos a ollada destes rapaces do lugar no que cada día pasan sete horas mínimo.
E velaquí unha pequena mostra do día de hoxe. En breve as fotos que fixo o alumnado:

Deixa un comentario

*