Fotografando o convento: obradoiro con Marta Moreiras

O pasado 5 de decembro tivemos a fortuna de que Marta Moreiras nos agasallase cun incrible obradoiro de fotografía. No tempo que estivo connosco amosounos o seu traballo e amais deulle ao alumnado de galego de 1ESO unhas primeiras leccións para facer unha foto. O resultado, aquí nesta presentación.
Pero amais ela fixo as súas propias fotos, algunhas das cales podedes ver nesta entrada do seu blogue. Non as perdades pois pagan a pena.

Deixa un comentario

*