De viaxe con Francisco Castro a un país de palabras

Esta semana tivemos un encontro de luxo no IE Cañada Blanch. O alumnado de galego de 3º ESO estivo conversando con Francisco Castro, fabuloso escritor en lingua galega, que visitaba a cidade de Londres pola súa condición de director da Editorial Galaxia, das primeiras e máis importantes de Galicia. Os rapaces accederon de primeira man ao oficio de escritor, e coñeceron motivacións, rutinas, éxitos e fracasos asociados a esta fermosa profesión, e ademais souberon tamén da historia persoal detrás do seu exitoso libro Chamádeme Simbad, que entrou na Lista de Honra do IBBY do 2012.

Os outros londoners que nos achegamos ao Instituto Cervantes de Londres o serán do martes coñecemos tamén algo máis da historia de resistencia lingüística e cultural que sostén a Editorial Galaxia desde a súa fundación en pleno franquismo. Fixémolo nun entretido coloquio no que amais de Francisco Castro participaron o escritor Xavier Alcalá, a tradutora do galego ao inglés Sarah Burne James, e que foi moderado pola promotora deste encontro, a directora coruñesa da Brit Es Magazine Carolina Núñez.

 

 

Deixa un comentario

*