Galego en Londres na Radio Galega

O programa Un país mundial da Radio Galega fíxose eco do interese polo galego en Londres entre a rapazada do IE Cañada Blanch. Belén Regueira entrevistounos aos dous últimos profesores que ocupamos a praza de galego, o meu predecesor Xaime Varela e eu, Begoña González.

Durante 20 minutos conversamos sobre a escola e os nosos rapaces, sobre os galegos que buscan a vida nas ribeiras do Támese e sobre como xurdiu e a vitalidade actual do proxecto Galego en Londres. Grazas, Belén!!

? Pódese escoitar o extracto aquí. Un país mundial. Radio Galega (21/01/2018).

Deixa un comentario

*