Galicia en Portobello Wall

O muro que hai enfronte da nosa escola, o Instituto Cañada Blanch, é unha fonte de inspiración para profesores, pais e alumnos cada mañá. E éo por mor do Portobello Wall Arts Project, promovido polo Borough de Kensington & Chelsea, que leva a que a arte contribúa á rexeneración e dignificación do espazo final de Portobello Road, unindo o mercado desta rúa co de Golborne.

Esta semana o muro mudou de cara e moitos puidemos coñecer o traballo dunha incrible artista, Fiona Hawthorne, que a través das súas pinceladas retrata a alma do barrio. E, como non, non podía faltar o Bar Galicia, testemuña da presenza dos galegos neste barrio e lugar de reunión de moitos deles.

portobello wall 3

portobello wall 1

portobello wall (5)

portobello wall (3)

portobello wall (8)

portobello wall (1)

Portobello (8)

 

 

 

 

Deixa un comentario

*