Graciela, cantando no Cañada, en galego

Hoxe estivo connosco Graciela, unha cantante galega cunha longa traxectoria académica e profesional no eido da música, como dixemos no post anterior. Por exemplo, formou parte dunha das primeira xiras de Björk. Eli e Álex foron os responsables desta pequena entrevista:

Na actualidade, é voz solista en varios proxectos en Londres mais está ultimamente de actualidade polo seu desexo de representar a Suíza no próximo festival de Eurovisión. Soubemos que este país non esixe ser do mesmo para tal evento. Despois dunha clase connosco despediuse con este agasallo, a súa versión de “Lela”.

Deixa un comentario

*