No seu paso polas aulas de galego do IE Cañada Blanch, o actor Carlos Blanco fixo un fermoso alegato contra o machismo e a violencia de xénero. Pero tamén falou da necesidade da liberación masculina e de como irse desprendendo dos roles e estereotipos aos que os homes están atados.
Hoxe, 25 de novembro, celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, e os alumnos de galego de 3º da ESO recollemos a luva lanzada por Carlos Blanco e montamos a campaña #homesconsaia, “porque nós si somos sensibles, sabemos chorar e temos boas pernas”.
Por que é necesario #homesconsaia?
Andrea
Por un mundo no que os homes poidan manifestar a súa sensibilidade, chorar, levar saia… igual ca unha muller. Por un mundo no que a muller poida loitar, traballar, cobrar… coma un home.
Lucas
Para indicar que as mulleres e os homes non teñen un guión que seguir na vida. Os homes poden vestir, vivir e ser como queiran e o mesmo para as mulleres.
Adam
Poñer saia é algo simbólico para ensinar a xente que os homes non son en ningunha forma superiores ás mulleres.
Elarise
Creo que se os homes levan saia e sacan unha foto ensínanlles aos demais que tamén están contra o machismo e que son fortes.
Daniel Juliá
É un símbolo de que os homes e as mulleres non deberían estar limitados polo seu sexo.
Serafín
Quixen poñer saia para loitar contra o machismo.
Samuel
Creo que é unha boa maneira de parar a violencia de xénero porque así todo o mundo que ve o vídeo ve que os homes e as mulleres deberían ser iguais e ter os mesmos dereitos.
Daniel
Os homes podemos loitar contra a imposibilidade de expresar os nosos sentimentos ou, neste caso, levar saia.
Zvedana
Os homes tamén poden expresar os seus sentimentos, manifestar a súa sensibilidade e tamén poden chorar. Eles son fortes pero tamén poden chorar.
José Manuel
Pensamos que poderiamos facer unha revolución na que os nenos e os homes poñan unha saia
Jaedan
Todos somos humanos: podemos chorar e podemos levar saia.
Ángeles
Aínda hai moitísimos rastros de machismos que non se notan ou que non se queren notar.