Cantamos ? ‘Portobello Road’? co alumnado do Xulián Magariños




Os amigos do IES Xulián Magariños de Negreira non faltaron á nosa cita anual polo Día das Letras Galegas. Xa van sete!

Acompañados polos profesores Amancio Liñares e Clara Rodríguez, agora a directora do centro, conviviron con parte do noso alumnado de galego. Tras escoitar unha charla de Amancio Liñares sobre o escritor homenaxeado este ano, Antón Fraguas, e un pequeno recital de coplas populares, o alumnado de 3º ESO dos dous institutos participou nunha divertida xincana polas rúas de Portobello.

Velaquí a varios cantando diante das Arcades das antigüidades un anaco da nosa versión galega da canción  canción ‘Portobello Road’ da película de Disney Bedknobs and Broomsticks (en España, La bruja novata) .

Portobello road, Portobello road
Onde se vende e se merca ata o sol
o que queira desfacerse de algo que usou
que veña vendelo a Portobello Road.
A súa grande ocasión está en Portobello road.

 

Deixa un comentario

*