O extraordinario e moi lembrado Pedro Brandariz é protagonista desta longametraxe con guión e dirección de Javi Camino: ‘Jacinto’.
“Jacinto é un adulto coa mentalidade dun neno. Vive en Mallou, unha sombría aldea abandoada entre as montañas, cos seus pais e o seu porco Martiño. A morte da súa mascota e a chegada de dúas novas veciñas estranxeiras porá o seu mundo patas arriba. Jacinto sospeita que as recén chegadas son vampiras que planean rematar coa súa familia para controlar a aldea. Para impedilo, porá en práctica todo o aprendido vendo pelis de terror”.
No Salón de Actos do IE Cañada Blanch, Sábado 3 de decembro ás 18:00 h.