Jonh Rutherford e as vivencias no Camiño: a entrevista

Mañá, mércores 6 de abril cerraremos o trimestre de actividades culturais coa intervención de John Rutherford. Este eminente hispanista profesor do Queen’s College de Oxford e director do Centro de Estudos Galegos da devandita universidade falaranos sobre as súas vivencias xacobeas plasmadas no libro As frechas de ouro. Sen dúbida, unha sorte poder contar con el no noso centro.

E velaquí a entrevista de rigor e a recomendación literaria que nos deixa:

2 comentarios en “Jonh Rutherford e as vivencias no Camiño: a entrevista”

  1. Ola,queridos galegos da metrópole. Máis que comentar esta entrada quería facervos chegar a miña alegría de toparvos. Son profesora de secundaria nun instituto de Teis-Vigo e temos bitácoras activas en galego feitas con materiais aportados polo alumnado. Enlazareivos a elas para intercambiar experiencias cibernéticas. Se necesitades madriñas e padriños heivos topar un lote deles. A rapazada de Teis é macanuda e estou segura que teredes moitísimo de que "falar". Encátame a vosa bitácora. Déixovos enlaces por se queredes botar unha ollada:
    carallocorou.blogspot.com
    tirarrollas.blogspot.com

    O noso centro chámase República Oriental do Uruguai, en Vigo.

    Un abrazo moi forte para tod@s.

    Responder
  2. John Rutherford estará o día 21 de marzo do 2012 ás 16:30 da tarde, no clube de lectura do IES de Valga (Pontevedra) falando de libros, máis en concreto do seu libro "As Frechas de Ouro". Estádes todos invitados.
    Nota: O clube intégrano mestres, nais, avoas e calqueira que se queira apuntar.
    MAR C. TORRES

    Responder

Deixa un comentario

*