Con Lanzada Calatayud polo Camiño Inglés

Lanzada Calatayud é a xerente do Consorcio de Turismo da Coruña. Este venres visitou as aulas de galego do Cañada e conversou co alumnado de 2º ESO e de 4º ESO sobre un dos camiños de Santiago menos coñecido, o Camiño Inglés, e sobre historias e anécdotas relacionadas coa historia da Coruña.

Tamén nos falou dos símbolos da cidade, e agasallounos antes de marchar, con varios pendrives coa forma da sardiña típica do noso San Xoán, con folletos de rutas literarias, con libretas, bolis e lapis da Coruña. Marchamos contentos e cos petos cheos. Grazas 🙂

 

Deixa un comentario

*