Leccións de arte contemporánea en Londres, en galego: Elena Bangueses (a entrevista)

Falarlle de arte contemporánea á xente nova non é, en principio, doado; con todo, hoxe tivemos a sorte e o luxo de escoitar a toda unha especilista na didáctica da arte contemporánea, a canguesa Elena Bangueses, mánager na Saatchi Gallery. Unha lección de como falarlles aos mozos e ás mozas de arte contemporánea cun discurso tamén absolutamente contemporáneo. Cunha presentación das obras máis significativas que se expuxeron ao longo destes últimos anos na Saatchi Gallery de Londres repasou e comentou pezas de Andy Warhol, Richard Serra, Bruce Nauman, Cindy Sherman, Damien Hirst, Richard Wilson ou Tracey Emin. Un exemplo, sen dúbida, de como facer atractiva, e sen perder rigor, a arte actual á xente nova. Ao final fixémoslles unha mini-entrevista para que lle vaiades poñendo cara.

2 comentarios en “Leccións de arte contemporánea en Londres, en galego: Elena Bangueses (a entrevista)

  1. Ola! Chámome Cristina Riveira e son profesora de inglés no IES O Mosteirón, de Sada, A Coruña. Atopeime con éste blog de casualidade e adxuntéino ó meu wikispace de traballo de ingles para que os meus alumnos o coñezan e poidan colaborar.
    Encantada de coñeceros.

Deixa un comentario

*