Ledicia Costas – A señorita Bubble

Tras o parón do ano pasado por mor da pandemia, retomamos a conexión co mundo cultural galego. Este primeiro trimestre, tivemos un coloquio coa escritora Ledicia Costas.

“Avogada a tempo parcial e escritora a tempo completo”, como ela mesma se define, tivemos a ocasión de traballar, a través de diferentes xogos de gamificación, o libro A señorita Bubble. Na videoconferencia, o alumnado máis novo tivo a ocasión de facerlle preguntas sobre o libro, sobre o proceso de creación e mesmo cuestións persoais.

Ademais de recibir numerosos premios, entre eles o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, no 2020, recibiu o Premio da Cultura Galega de Creación Literaria pola súa traxectoria.

Aquí podedes ver a páxina web de Ledicia Costas.

Deixa un comentario

*