Letras Galegas 2016: un 17 de maio cos amigos do Xulián Magariños de Negreira

Este ano celebramos o Día das Letras Galegas cun acto moi especial do que tiveron moita culpa os rapaces do instituto Xulián Magariños de Negreira. Algúns visitáronnos este 17 de maio aproveitando a viaxe de estudos a Londres de 3º ESO, e o instituto colectivamente agasallounos cun vídeo presentación do seu centro e cunha magnífica interpretación colectiva de O Carro gravada en vídeo. Tamén nós puidemos ensinar o noso videoclip do noso Bando da clase, unha versión propia do Bando do alcalde do poeta da Terra Chá. Xuntos, no salón de actos do IE Cañada Blanch, recitamos numerosos poemas e reivindicamos a nosa lingua, facéndonos eco da voz de Manuel María. Pero o máis importante é que fixemos novos amigos, e que xa estamos desexando que chegue o ano que vén para que volvan.

 

 

E velaquí a interpretación do Carro de Manuel María feita no IES Xulián Magariños de Negreira

Deixa un comentario

*