‘Build bridges’, o valor das linguas no Cañada

A directora do IE Cañada Blanch, Isabel Martínez, vén de ser entrevistada na revista británica Absolutely Education.

Construír pontes‘ é un lema que resume moi ben o papel moderno das linguas, pois como ben explica a nosa directora “as linguas xa non son só meros instrumentos de comunicacións, senón pontes entre culturas nun mundo globalizado”. O Cañada é punteiro neste labor de enxeñería: os nosos rapaces estudan un currículo bilingüe español e inglés, pero ademais na escola poténciase a aprendizaxe doutras linguas, como o francés e tamén o galego. Se o plurilingüismo axuda a desenvolver unha maior axilidade cerebral, abre maiores oportunidades laborais nun mundo globalizado e contribúe a formar a cidadáns máis tolerantes, daquela non cabe dúbida de que o Cañada está a formar a grandes e exitosos cidadáns do futuro.

Algúns deles, alumnos de Galego en Londres, están na foto, como Ángeles e Andrea, de 4ºESO, sentadas no claustro, ou Kayla, de 2º Primaria, contenta ante a súa tarefa.

Velaquí tedes a entrevista completa:

Build Bridges. Entrevista a Isabel Martínez, directora do IE Cañada Blanch. Absolutely Education Magazine Autumn-winter 2016 (11/2016)

Deixa un comentario

*