Literatura Galega en inglés: dúas novas achegas

Dúas novas publicacións verquen algunhas das pasaxes máis signnificativas da literatura galega ao inglés. Por unha banda, Breogán’s Lighthouse. An anthology of Galician Literature, editada por Antonio Raúl de Toro Santos e publicada por Francis Boutle Publishers. Esta antoloxía bilingüe abrangue dende a lírica medieval ata a poesía contemporánea sen descoidar tampouco algunhas das páxinas máis significativas da nosa prosa literaria. Entre os tradutores encontramos a David Clark, Alan Floyd, Anne MacCarthy, John Rutherford, Ana Gabín ou Juan Casas.
Amais, a finais do pasado, a Poetry Review tirou o suplemento  Contemporary Galician Poets no que Jonathan Dunne presenta en inglés algunhas das voces poéticas máis relevantes dos últimos tempos.

Daquela, os nosos parabéns aos promotes destas iniciativas e prometemos levalas á aula. 

Deixa un comentario

*