Lobos sucios: imos á premiere no Regent Street Cinema

Este martes foi a premiere da película galega Lobos sucios en Londres, no cine máis antigo do Reino Unido, o Regent Street Cinema, no marco do London Spanish Film Festival. Dez alumnos de galego de 2º ESO animáronse a achegarse á proxección, a pesar do tarde que era, acompañados por varios pais e nais voluntariosos e dalgunhas profesoras do centro. Grande idea, porque todos saímos encantados tras ver esta fermosa película de Simón Casal, precedida da curta Eco do tamén galego Xacio Baño. Tras a peli, participamos tamén na tertulia con Paula Cons, a guionista e produtora executiva desta longametraxe, e con Pierre Kiwitt, o actor alemán que interpreta ao enxeñeiro que dirixe unha das minas de wolframio que explotaron os nazis en Galicia na época da Segunda Guerra Mundial.

Algúns alumnos, nais e profes preparados para ver a peli: onde se meteron Elisa e Amy?
Algúns alumnos, nais e profes preparados para ver a peli: onde se meteron Elisa e Amy?
Tertulia coa guionista galega Paula Cons e co actor alemán Pierre Kiwitt
Tertulia coa guionista galega Paula Cons e co actor alemán Pierre Kiwitt
Photocall na première de Lobos Sucios no Regent Street coa guionista PAULA CONS e o actor alemán PIERRE KIWITT. Algúns dos asistentes do Cañada Blanch á proxección: Begoña, Eva, Elvira, Encarna, Francisco, Minerva, Diego, Marta, Mateo, Emiliano e Sahara.

Deixa un comentario

*