Imos para Arca (1)

Está a chegar o día da Viaxe da lingua deste curso 2015-2016. Do 3 ao 8 de maio andaremos por Galicia coñecendo lugares novos e enchoupándonos da nosa cultura. Pero ademais imos ter que practicar, e moito, o galego. A primeira parada farémola en Pedrouzo, en Arca. Alí atoparémonos cos rapaces do CPI Camiño de Santiago, con quen imos compartir a xornada enteira, primeiro facendo un cachiño do Camiño e despois en diversas actividades no centro de Compostela.

Pero, quen somos nós e quen son eles? Nesta serie de 7 vídeos querémonos presentar e compartir convosco os nosos gustos, intereses e dotes deportivas e artísticas. Velaquí o primeiro, o de presentación.

Deixa un comentario

*