Luar na Lubre no Cañada Blanch

Que encontro tivemos no Cañada con Luar na Lubre!!! Bieito Romero e Patxi Bermúdez mantiveron un encontro co noso alumnado nun salón de actos ateigado, dado o interese que esta mítica banda galega de música celta suscitou a súa visita non só entre o alumnado de galego, senón tamén entre outros alumnos e profesores. Bieito falounos da música celta e da música tradicional galega, das conexións atlánticas entre Galicia e as illas británicas, das lendas dos monxes irlandeses sobre Breogán, Ith e Mil, e ademais, puidemos gozar de varias interpretacións de música tradicional galega, nas que estiveron acompañados por David Carril, un dos gaiteiros máis sobranceiros de Londres, que os está a acompañar na súa xira pola illa.

Ademais, a súa visita foi moi motivadora, e parte do alumnado de Galego en Londres participou no acto interpretando dúas pezas de Luar na Lubre.

→ Que grandes Paloma, Camila, Lucía M, Jack, Martina, Cinzia, Marinueva e Elisa interpretando a súa peza máis mítica, “O son do ar”, versionada, entre outros, por Mike Oldfield. Podédelos ver aquí.

→  E ademais, Lucía Luque cantou a capella, “Chove en Santiago”, un dos fermosos poemas galegos de Lorca, espertando a admiración absoluta de Bieito Romero. Mirádea aquí. Botádevos a tremer Rosa Cedrón e Belén Tajes  😉

Na súa actual xira Camiño do Norte, Luar na Lubre celebrou dous concertos en Londres e un no Celtic Connections de Glasgow. Fomos moitos os profes do Cañada que nos achegamos a velos en Londres e volvemos todos emocionados.

 

 

 

 

 

 

 

Deixa un comentario

*