Luis Pérez falanos de Instagram na divulgacion científica

Esta mañá 4 alumnos de galego do IE Cañada Blanch participaron no proxecto de innovación que impulsa Luis Pérez González no IES do Castro de Vigo. Pola tarde, Luis pasou polas aulas de 4º ESO e falounos da utilidade do Instagram para a aprendizaxe escolar e para a divulgación científica. Falounos tamén da Xeo Actividade Azores 2017, a primeira experiencia que puxeron en marcha no seu instituto no Departamento de Bioloxía, cando visitaron as illas dos Azores con 11 alumnos de Bacharelato que exerceron de verdadeiros investigadores, exploradores e reporteiros. Alí os rapaces divulgaron a cultura, historia, xeoloxía, bioloxía e os segredos da Illa Terceira: as furnas do Enxofre, a gruta do Natal, a Angra do Heroísmo, o monte do Brasil, o Algar do Carvão…  (Faro de Vigo – Lecciones a golpe de ‘clic’).

Leave a Comment

*