Maio – Mes da Lingua Galega

Este mes celebramos a nosa lingua cun programa cheo de actividades culturais que poñen en valor a tradición e a creatividade do pobo galego.

Contaremos con:

🎼 Obradoiros de música e canto tradicional
📝 Encontros de poesía popular
🖼️ Exposicións temáticas
🎯 Concursos e certames
💃 Bailes tradicionais

🧭 E como actividade final, convidámosvos a participar na Viaxe da Lingua, unha experiencia na que coñeceremos de primeira man a nosa terra, explorando o patrimonio lingüístico, histórico e natural que nos define como pobo.

Animádevos a participar e a vivir con nós este mes de celebración e compromiso coa lingua galega!

#MesDaLingua #LinguaGalega #CulturaGalega #ViaxeDaLingua

PROGRAMA

Deixa un comentario

*