? O noso segundo encontro no marco do proxecto Making Art Happen é coa fotógrafa Cristina Calvo, coa que seguiremos indagando no noso contorno e na nosa identidade, como fixemos o pasado martes co artista visual Daniel Silvo.
A fotografía de Cristina trata de persoas e ten realizado series nas rúas de Londres, como ‘In, Out and About’ no barrio de Darlston. Así que de persoas vai tratar o noso obradoiro da semana vindeira, cunha serie realizada no instituto baixo o hashtah #Euen10anos.
O obxectivo ➡️ reflexionar sobre a nosa identidade, os nosos valores, desexos e limitacións. Tamén coñecer mellor a nosa propia subxectividade e respectar a dos demais.
*Cristina formouse no País Vasco e posteriormente completou os seus estudos no Reino Unido, na Universidade de Saint Martin primeiro e logo cun Posgrao na Universidade de Westminster.