Making Art Happen no Cañada

A Área de Galego do Cañada comeza  unha nova colaboración, esta vez co colectivo Exprimento Limon, que agora espallou a súa actividade a Londres baixo o nome de “Making Art Happen“. Trátase dunha iniciativa apoiada polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

Traerán ás clases de galego do Cañada obradoiros de creatividade e experimentación artística, nos que o propio alumnado ten que idear e deseñar un proxecto artístico relacionado co currículo.

Mañá recibimos ao noso primeiro convidado, Daniel Silvo, artista visual, docente na Universidade Francisco de Vitoria de Madrid, comisario de arte e codirector da JustMAD Art Fair

 

Deixa un comentario

*