Making Art Happen con Daniel Silvo




Este martes o proxecto Galego en Londres estreou colaboración con Making Art Happen, co apoio do Ministerio de Cultura. O noso primeiro obradoiro foi do alumnado de 3º e 4º ESO co artista visual Daniel Silvo. Con el produciuse o sortilexio e xurdiron marabillosos proxectos artísticos ideados a partir de #palabras que os alumnos foron pescando na rúa. Neste vídeo pódense ver os #estencil, a #instalación e as #performances que montaron en ben pouco tempo facendo gala de moita intelixencia e imaxinación.

Que marabilla cando as ganas de aprender se combinan coa arte ? .

Deixa un comentario

*