“Sira e Pepe son unha parella que fartos da vida en precario e do frenesí da cidade de Berlin, deciden voltar a Galicia tras moitos anos emigrados na Alemaña. Atopan por internet unha casiña na aldea abandonada de Lupián, provincia de Ourense, e deciden deixalo todo para iniciar unha nova vida alí. Chegados a aldea descobren con sorpresa que a única casa con vida está habitada por unha peculiar señora chamada Isolina”.
No Salón de Actos do IE Cañada Blanch, Sábado 15 ás 18:00 h.