‘O mundo dos morcegos’, con Manuel Arzúa

Os morcegos ven ou non ven? Sabías que as ás do morcego son as súas mans?  Por que entran nos hórreos? É certo que hai morcegos de ata metro e medio? E que comen ata 10 veces o seu peso? Poden chuchar o sangue ata matar?

Todas estas incógnitas e moitas máis aclaróullelas esta semana o biólogo galego Manuel Arzúa -membro da asociación Morcegos de Galicia– aos alumnos de 2º da ESO nas aulas de galego do IE Cañada Blanch.

Velaquí tedes un extracto en vídeo do encontro, seguido da microentrevista que lle fixo Brian, que amosou durante toda a charla un grande interese por este tema.

Deixa un comentario

*