Masterclass de jazz en Londres, en galego: Xosé Miguélez

Hai días nos que nos sentimos máis afortunados aínda. Hoxe podería ser un deles. Ás 15h30 da tarde comezaba un concerto didáctico de jazz da man do saxofonista ourensán Xosé Miguélez acompañado polo afamado pianista británico Gabriel Latchin e ao que estaba convidado todo o alumnado de Bach do centro. O acto comezou con música e unhas breves e claras explicacións sobre este estilo:

E facendo un repaso polo xénero deron na en versións de clásicos inesquecibles:

Como inolvidable será esta peza improvisada e dedicada ao IE Cañada Blanch titulada O blues do Cañada, cuns versos incluídos na nosa lingua e cantados por un cento de estudantes deste instituto: “Somos do Cañada / London Portobello / e falamos en galego”.

Grazas Gabriel e Xosé pola lección. Grazas por compartirdes a vosa arte xenerosamente.

Deixa un comentario

*