‘Petando na música galega’ con Mercedes Peón

Que luxo onte no IE Cañada Blanch! Tivemos a canda nós nas aulas de galego a unha cantante galega que non precisa presentación: a gran Mercedes Peón!

Xuntos nas aulas Mercedes e mais a rapazada conversaron, cantaron e bailaron ritmos desde os máis tradicionais aos máis modernos e innovadores. Vimos como dun xeito natural se poden mesturar a tradición galega e instrumentos como a gaita e a pandeireta con ritmos electrónicos e rock, como o moderno pode convivir e beber do máis ancestral. A súa voz e a atmosfera creada aínda ecoa no noso salón de actos.

A nosa convidada é unha das artistas máis emblemáticas e ao mesmo tempo singular do panorama internacional. Non só non hai galego que non a coñeza, senón que  ten unha recoñecidísima traxectoria musical dentro e fóra de Galicia no eido da “World Music”.  E desde onte ten no barrio de Portobello uns cantos admiradores máis!

Podedes ver un extracto dos dous encontros cos alumnos de 2º e 3º ESO no vídeo e mais un cacho da entrevista que lle fixo Andrea.

Deixa un comentario

*