MI-G: achegándonos ao mundo da espionaxe, en galego, en Londres

O mércores 6 de febreiro o alumnado de 2ESO terá a oportunidade de coñecer a Sara Alborés. Esta compostelá realizou os seus estudos universitarios en Londres na Goldsmiths University de International Studies. Na actualidade estase a especializar en Security Studies. Daquela proponnos falarnos de como traballan os espías. Que hai de real e de ficción detrás do famoso James Bond? Agardamos ter algunha resposta o próximo mércores.

Deixa un comentario

*