Música galega no Cañada: ‘Eu non son pero…’




? Hoxe que é o Día da Constitución, lembramos o Artigo 14, que recolle o principio de non discriminación por orixe, raza, sexo, opinión, clase… 
? Nas aulas de #galego do IE Cañada Blanch tomámolo moi en serio, así que preguntámonos e debatemos co alumnado por que non hai aínda unha #igualdade real.
?️ A través da discusión e da controversia, reflexionamos sobre as nosas actitudes e os nosos actos concretos e cotiáns. É sempre moi interesante constatar que non todos opinamos igual, que o alumnado, malia a ser moi novo, ten opinións propias e é quen de defendelas (e en galego) e que as ideas dos outros nos axudan a adoptar outros puntos de vista e a matizar o noso propio pensamento. Tamén a ver que non sempre o que pensamos se corresponde co que facemos, e que a igualdade formal non equivale á igualdade real.
? Neste contexto, o alumnado de 4º ESO animouse a interpretar unha versión de ‘Eu non son pero…’ dos Poetarras, unha canción irónica sobre os nosos comportamentos ocultos, e de paso, a poñer un pouco máis de música galega no aire de Londres.

Deixa un comentario

*