Música galega no Cañada: ‘Son muller’

🎶 Máis música galega no Cañada 🎶. Varias alumnas de galego de 3º ESO versionan esta peza, ‘Son muller’, coa que nos sorprenderan hai un ano as mozas de MBCP.

Trátase dun pequeno exemplo de empoderamento das mozas do noso instituto. Se presentamos hoxe o seu videoclip é porque está a chegar o 25 de novembro, o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Hoxe tratamos o tema nas clases de galego de 3º e 4º da ESO, e é común entre o alumnado a repulsa ante a violencia e a intimidación das mulleres. Pero no que cómpre seguir a traballar día a día é nas causas profundas desta violencia e no compromiso coa igualdade real e coa liberdade, integridade, dignidade e seguridade das mulleres. Niso estamos!

 

 

Deixa un comentario

*