Youtubers e instagramers: guía legal con NoLegalTech




Esta semana visitaron as aulas de 2º ESO e de 3º ESO do IE Cañada Blanch dous avogados moi especiais, Bárbara Román e Xosé Manuel Sendín, especializados en dereito dixital e fundadores e socios de NoLegalTech, unha consultora viguesa que asesora as empresas tecnolóxicas e que se encarga da parte xurídica do desenvolvemento web e do software.

Estes días andan por Londres, convidados a participar na Legal Geek, a conferencia de avogados especializados en tecnoloxías máis grande de Europa. Pero antes viñeron a Portobello, onde tamén levantaron grande expectación entre o alumnado, que se fixeron ben conscientes das ilegalidades, imprudencias, perigos e intereses relacionados co uso que fan das redes sociais e das aplicacións tecnolóxicas.

Grazas polos vosos consellos, Bárbara e Xosé Manuel 🙂

 

Deixa un comentario

*