O Arame estréase en Londres e alá imos, á ópera!

Juan Durán, os intérpretes, os magníficos músicos e o alumnado do Cañada Blanch no escenario tras a función.

E tras o encontro con Juan Durán e Margarita Soto, o alumnado de galego do IE Cañada Blanch asistiu á representación da ópera en galego O Arame, no Tabernacle de Notting Hill. O Arame vén de estrearse en Oxford o pasado 10 de xuño e esta é a súa segunda función no Reino Unido. Trátase dunha proposta de XOGA, a Xove Ópera Galega, nacida aquí en Londres. No corazón de XOGA están dúas londoners galegas: a pianista Tamara Lorenzo Gabeiras, que é a súa fundadora e directora musical, e a magnífica soprano Lorena Paz Nieto, que interpreta a personaxe feminina de Gloria.

Querémoslle agradecer a Tamara Lorenzo que trouxese O Arame á nosa cidade e ao noso barrio. Quedamos impresionados coa fermosa música e como retrata os sentimentos de cada momento, coa voz e plasticidade teatral de Lorena e coa capacidade da propia Tamara, que dirixiu a ópera ao tempo que tocaba o piano!

Grazas por esta iniciativa tan fermosa, que dignifica a nosa lingua e cultura e que a divulga lonxe da casa, pero non lonxe da nosa xente, que habita Londres, entre tantos outros lugares do mundo. E grazas, sobre todo, por contar connosco, co alumnado de Galego en Londres. Para nós foi unha ocasión moi especial!

Aquí estamos baixando Portobello de camiño á ópera
Listos para a función do Arame no Tabernacle
De segunda, terceiro e cuarta, Lorena Paz Nieto -a soprano que interpreta a Gloria-, Juan Durán -compositor da ópera- e Tamara Lorenzo -promotora, directora musical e pianista.

Deixa un comentario

*