O capador de Nogueira de Ramuín, Alan Lomax e Miles Davis: en galego, en Londres

Mañá a música e filóloga Noemi Basanta Llanes trazará nas aulas de galego de 2ESO no IE Cañada Blanch de Londres unha breve historia da música tradicional galega. Para iso, teremos o privilexio de que nos faga unha presentación enmarcándoa na historia do capador de porcos que grabou Alan Lomax polos 50. Ese será o eixo para levalos polos ritmos e melodías do país. Intentará, amais, mostrarlles como funcionaba a música no contexto tradicional, que se fixo con ela e o que se está facendo agora, segundo a súa perspectiva. Dende logo, isto promete que imos aprender moito.
E velaquí un pequeno vídeo despois da marabillosa tarde que pasamos:

Deixa un comentario

*