‘O cine como conversa’ segundo Ángel Santos

Hoxe tivemos a canda nós nas aulas de galego no IE Cañada Blanch ao home de moda do cine galego. Despois de presentar onte á noite a súa última e laureada película Las altas presiones, no London Spanish Film Festival, e tras o seu paso por todo tipo de festivais internacionais -Corea do Sur, San Sebastián, Los Ángeles…-, Ángel Santos mantivo un coloquio sobre cine cos nosos alumnos.
Soubemos así dos seus comezos no mundo da rodaxe e atendemos aos seus consellos, pero tamén compartimos con el os nosos proxectos audiovisuais. Grazas, Ángel, manterémoste informado dos nosos avances!
Velaquí un pequeno extracto e mais a entrevista que lle fixo Lucas Pregigueiro.

Deixa un comentario

*