‘O Gran Camiño’ no #CicloMestreMateo

“A idea nace da alegría da xente ao chegar á catedral”, contan Alba Prol Cid e Raúl García, directora e director, nesta entrevista na TVG.

O filme segue os pasos de dous cineastas que emprenden unha viaxe por algunhas das rutas a pé máis importantes do mundo na procura de historias que descubran as razóns da natureza camiñante do ser humano.

Lembrade que o sábado 26 ás 18:00 podemos ver este filme documental no Salón de Actos do IE Cañada Blanch. #CicloMestreMateo

Alba Prol Cid (Maceda) traballou nos equipos de produción e imaxe en películas como A Esmorga, Vilamor e Nove Ondas e na actualidade da clases de Audiovisual en ciclos superiores de Imaxe e Son.

Raúl García (A Bola) traballou como director, guionista e editor en cinema e televisión. Na actualidade, xunto con Alba Cid traballa na produtora Meteórica Cine e imparte clases de Comunicación Audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Deixa un comentario

*